Thursday 19 de September de 2024

O Concello de Santiago abre unha convocatoria de axudas de cooperación ao desenvolvemento destinadas a Organizacións Non Gobernamentais


O BOP vén de publicar a convocatoria de axudas destinadas a financiar os proxectos de cooperación ao desenvolvemento desenvolvidos por Organizacións Non Gobernamentais (ONGs) inscritas en Galicia. Para este fin, o Concello de Santiago destinará unha contía total de 167.471,36 euros.

Estas axudas, destinadas a Organizacións Non Gobernamentais, teñen por obxecto conceder subvencións para a realización de proxectos concretos de cooperación ao desenvolvemento en países empobrecidos, coa finalidade de contribuir á consecución da Axenda de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), aprobada na Asemblea Xeral de Nacións Unidas, amosando o compromiso do Concello de Santiago de Compostela na defensa dos Dereiros Humanos en todo o mundo.

O Concello de Santiago poderá financiar ata o 95% do orzamento do proxecto, sendo a contía máxima da subvención de 25.000 euros por proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP.

A solicitude asinada pola persoa que represente legalmente a entidade solicitante, e completada coa documentación requirida, presentarase necesariamente a través da sede electrónica do Concello de Santiago, mediante o trámite “solicitude de subvención”, formulario “CS006T Subvención proxectos cooperación ao desenvolvemento”.